O Xabarín animará o Correlingua no que estarán 22 centros educativos da provincia

La Voz LA VOZ | OURENSE

OURENSE

11 may 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

Vintedous centros escolares de toda a provincia van participar o vindeiro día 16 na sexta edición do Correlingua que se vai desenvolver en Ourense. Ás 10.45 horas farase a concentración na praza maior coa lectura do manifesto e a carreira que con saída da Praza Maior vai percorrer Lamas Carvajal, Paseo, Cardenal Quiroga, Santo Domingo; Praza do Ferro, Viriato, Lúa, Praza do Correxedor, Praza dos Suaves, Pena Corneira, Cabeza de Manzaneda, Praza de San Cosme, Xulio Prieto Nespereira, Lugo, Vilar; Cervantes, Burgas, Desengano, Pontevedra, Lamas Carvajal; Coronel Ceano, Tendas e Praza Maior. A carreira rematará ás 12.00 horas, momento de comezo dunha festa co Xabarín e todo o seu equipo da TVG. Espérase a presenza de perto de dous mil escolares. A Deputación porá autobuses para os desplazamentos desde as comarcas. Os docentes Francisco Paradelo, Serafín Alonso e Elías Domínguez presentaron esta edición que ten como obxectivo concienciar á poboación escolar do emprego da lingua galega na vida.