Voltan os regueifeiros

Rubén Nóvoa Pérez
Rubén Nóvoa OURENSE

OURENSE

Crónica | A precampaña das municipais fuxe de ideas e proxectos Continúa a escalada verbal nun período marcado pola crispación e o enfrontamento. Baltar e Francisco Rodríguez levan días enredados nun cruce de declaracións críticas

23 mar 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

As regueifas conquistaron as tabernas e máis as vodas galegas a comezos do século XIX. As disputas dialécticas improvisadas e en verso entre os asistentes convertíanse en acontecementos sociais. Douscentos anos despois, o presidente dos populares ourensáns, José Luis Baltar, e o candidato socialista, Francisco Rodríguez, invadíronse deste espíritu ácido e irónico, e están dispostos a trasladar a precampaña a un esceario de Luar. A Rodríguez doeulle que Baltar dixese que o candidato socialista tiña unha visión «fascista da política», e tras tres días masticando a resposta saiu aos medios para cargar con forza: «Co diga outro vale, pero estamos a falar da súa especialidade». Baltar non se cortou e insistiu: «Dígolle que a súa actitude é un pouco facha». Segundo asalto. O cabeza de cartel socialista anda un pouco farto de que o boss da Deputación saía á defensa do bisoño alcalde, por iso suxereiulle que dé o salto e deixe de ser o teloneiro. «Pídolle que deixe de facer de ventrílocuo ao José Luis Moreno, e que lidere a lista para as municipais», indicou Rodríguez. Baltar que ten resposta para todo devolveulla, sen a rima métrica desta tradición cantada tan galega, pero con carga de profundidade. «Sabe que lle ofreceron a alcaldía a varias persoas antes que a él no PSOE. Si eso lle cabrea é a realidade. Eu comenteille que estaban tocando a outras persoas dentro do partido». Quizais porque Rodríguez comeza a estar cómodo no inesperado papel de regueifeiro, avísalle ao lider dos populares que non ande por aí coma un representante de orquestras, e que lle de a alternativa o mellor alcalde de España (Baltar dixit). «Enrique Nóvoa leva moito tempo sendo un mandado, primeiro de Cabezas e agora de Baltar». O presidente do PP non se amilanou e xa advertiu que seguirá firme na defensa: «Como presidente teño a obriga de defender o meu candidato, a mín no me parece mal que Pachi e Touriño falen ben do seu». Nada que ver Menos irónicos e máis directos foron as Xuventudes Socialistas, formación dependente do PSOE que, como se observa na imaxe, editaron uns panfletos no que o número un popular sustitúe ao persoaxe do clásico xogo de mesa de venta e compra de edificacións «Monopoly». A afrenta non sentou ben a Enrique Nóvoa que non daba crédito. Pola súa banda, o candidato socialista desvinculouse -entre grandes esforzos por agachar un sorriso malévolo- da iniciativa dos máis novos. «Son unha organización independente e non me consultaron nada», dixo.