Sés e Olga Novo, no xurado do premio FDG de poesía

La Voz O BARCO / LA VOZ

OURENSE

A Irmandade de Florencio -que impulsa a candidatura de Florencio Delgado Gurriarán  xa escolleu ao xurado do seu premio

24 ago 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

A Irmandade de Florencio -que impulsa a candidatura de Florencio Delgado Gurriarán para o Día das Letras- xa escolleu ao xurado do seu premio de poesía. Son catro membros, con dous nomes da comarca e outros dous de fóra. Os valdeorreses son o escritor David D. Vázquez e o artista (e irmán maior da Irmandade) Anxo Baranga, que elixirán as obras gañadoras xunto á poetisa e cantante María Xosé Silvar, Sés; e Olga Novo, que conseguiu o premio Losada Diéguez co seu segundo poemario, Nós nus.

«Consideramos que estas catro persoas son quen de levar o peso e a responsabilidade da escolla do texto gañador deste ano», di Débora Álvarez, responsable do proxecto. A poema gañador darase a coñecer o día 29 de setembro, nunha gala que se celebrará no centro cultural Avenida de A Rúa.