Melania Cruz estrea o monólogo «O empapelado amarelo»

La Voz

OURENSE

Voz Audiovisual

A montaxe, dirixida por Tito Asorey, desenvólvese nun formato reducido, de só 100 espectadores

26 ene 2019 . Actualizado a las 18:36 h.

Hoxe • 18.00 e 20.00 horas • Auditorio de Ourense • 5 euros (anticipada) • Regresan aos escenarios ourensáns Melania Cruz e Tito Asorey e desta volta o proxecto está promovido pola súa compañía, A Quinta do Cuadrante, e pola montaxe «O empapelado amarelo». A obra é un monólogo protagonizado pola actriz que toma como base un texto autobiográfico da escritora norteamericana Charlotte Perkins Gilman que foi publicado en 1891. A autora narra as perniciosas consecuencias dun tratamento médico que lle fora diagnosticado por un coñecido doutor da época para combater o estado no que se atopaba a raíz do nacemento da súa primeira filla. «O empapelado amarelo» é unha montaxe en pequeno formato, para só cen espectadores, no que prima a proximidade á protagonista.

 

 

Institutos e nova sesión

Logo da estrea haberá en febreiro unha función para institutos e outra para o público en xeral: será os días 22 e 23.