A praza García Barbón acollerá a cuarta edición da Feira Solidaria
25 abr 2019 . Actualizado a las 08:22 h.A praza da Alameda de Verín acollerá a tradicional Festa dos Maios, o próximo día 1. Este ano, a praza García Barbón acollerá tamén a cuarta edición da Feira Solidaria de Verín que contará coa participación de trece entidades sen ánimo de lucro, que ofrecerán todo tipo de produtos e servizos con fins solidarios.
As concelleiras das áreas de Turismo, Comercio, Balnearios e Transportes e Educación Festexos e Cultura, Purificación Caldelas e Emilia Somoza, expuxeron onte o programa de actos na casa consistorial. As actividades comezarán a partir das 11.00 horas e continuarán ate as 20.00 horas. Nove grupos, incluíndo colexios privados e públicos de toda a comarca, tomarán parte na proposta, que se ven desenrolando dende os anos 80 sen interrupción.
Até primeira hora da tarde haberá na Alameda un posto de polbo e animación musical a cargo dunha charanga. O pan é o viño serán gratuítos, ao estaren subvencionados polo Concello de Verín.