Xinzo ofrece máis de 20 actos culturais de verán e un Esquecemento adaptado

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

Tor actuará en Xinzo
Tor actuará en Xinzo mark ritchie

O programa arranca este sábado coa proxección da cinta «Cuñados»

08 jul 2021 . Actualizado a las 23:48 h.

Xinzo de Limia abrirá co pase de Cuñados, este sábado na praza Carlos Casares, un amplo programa de actividades culturais de verán que inclúe máis de vinte propostas. Concertos de Terbutalina, O Sonoro Maxín, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre ou Tor, entre outros; proxeccións de Cuñados e María Solinha ou galas de circo, maxia e teatro -Mago Antón, Brandariz ou Teatro Avento- son parte da programación para as noites de verán. Tamén se celebrará, en agosto, unha festa do Esquecemento adaptada á pandemia.

No programa dáselle continuidade aos ciclos que comezaron o pasado ano: Limiasonora e a Foliada Antelana, con colaboración co Casino Antelano. 

Entre as actividades culturais presentadas pola alcaldesa Elvira Lama e o concelleiro de Cultura, Ramiro Rodríguez, este mércores e as propostas en materia deportiva e para a conciliación serán case que un cento de propostas as que se desenvolverán este verán na capital de A Limia.