O escritor presenta «A conxura dos sete», a sétima entrega da saga
22 nov 2022 . Actualizado a las 05:00 h.O escritor, profesor e crítico de cine Miguel Anxo Fernández celebra os vinte anos do seu personaxe máis carismático, o detectivo Frank Soutelo, coa publicación dunha nova novela. A obra «A conxura do sete» (Galaxia) preséntase este martes no Centro Cultural Marcos Valcárcel (11.30 horas) nun acto no que o autor estará acompañado polo director xeral da editorial Galaxia, Francisco Castro. «A conxura do sete» é a sétima entrega das aventuras do «sabuxo» americano de ascendencia galega. A serie comezou con «Un nicho para Marilyn».