Xinzo reivindica a lingua con dous días de actividades por las Letras Galegas

LA VOZ OURENSE

OURENSE

Agos Iglesias

Darán a coñecer a vida de Luisa Villalta con música, poesía ou concursos de debuxos

11 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Xinzo organizou unha programación de actividades polo Día das Letras Galegas o 15 e 17 de maio. O próximo mércores empezarán os actos a cargo do IES Lagoa de Antela. Os alumnos darán a coñecer a vida de Luisa Villalta, con lecturas e imaxes xigantes da autora homenaxeada nesta edición.

O 17 ás 12.30 horas será a entrega de premios do concurso da Fundación Carlos Casares e do Concello dirixida a escolares. Foron os certames de debuxos «Toribio revoluciona o tráfico» e «Unha cuberta para Luisa Villalta». Despois, a escritora Sabela A. Veloso lerá poemas da autora. Este acto contará ca música do cuarteto tradicional da Escola Municipal de Gaitas e Percusión do Concello de Xinzo. Pola tarde, ás 18.30 finalizará a programación co concerto da Agrupación Musical da Limia e da Coral Santa Mariña. Ese día, os libros en galego terán un 10 % de desconto nas librerías adheridas á iniciativa municipal.