Rafael García Ferreira presenta a obra coa que gañou o Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais
OURENSE
O traballo aborda as mobilizacións en Compostela en 1934, así como as súas consecuencias
27 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.O castelo de Castro Caldelas foi escenario este sábado da presentación da obra gañadora da edición número 28 do Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais. Ademais do galardonado, Rafael García Ferreira, asistiron diversas autoridades.
O traballo escollido polo xurado que nomeou a Fundación Vicente Risco leva por título Outubro 1934 en Compostela. Mobilización, consecuencias políticas e represión. Valorouse que era un «ensaio rigoroso, ben redixido, argumentado, estruturado e con bo dominio das fontes». Tamén se destacou que «a temática e o estudo de caso son de interese e actualidade, dado que se aborda un período histórico complexo, con elementos que poden ter certas conexións coa actualidade e seren abordados dende diversas perspectivas e ámbitos das ciencias sociais».
Rafael García Ferreira, santiagués doutor en Historia, agradeceu o premio, que está dotado con 3.000 euros, ademais de coa publicación da obra, presentada onte.