Pousadoiro e Casal do Canteiro abren «Cata a arte»

La Voz

OURENSE

Cata dos viños de Pousadoiro no Simeón
Cata dos viños de Pousadoiro no Simeón Santi M. Amil

A recadación do ciclo será destinada a Aixiña

15 nov 2024 . Actualizado a las 20:25 h.

Días 14, 21 e 28 • 20.00 horas • Centro Cultural Marcos Valcárcel • 5 euros (entradas en entradium.com) • Hai xa dez anos que botaba a andar un proxecto singular, unha iniciativa que tiña como finalidade mesturar cultura e viticultura cun fin solidario. Nacía daquela «Cata a arte», convocatoria anual que promove sesións nas que se poden degustar viños da denominación de orixe Ribeiro ao tempo que se participa nunha actividade creativa —concertos, recitais de poesía e outras propostas—. A décima edición comeza esta tarde e na mesma haberá actuación de Los camachuelos e poderanse catar as elaboracións de Adega Pousadoiro e Casal do Canteiro. Perrito Piloto e En Mala Hora serán os grupos que actuarán o 21 e 28. A recadación do ciclo destinarase a Aixiña.