Barbadás entregou os premios do certame literario de Piñor con moita música

La Voz OURENSE

BARBADÁS

Música e Cultura de Galicia organizou o evento en colaboración co Concello de Barbadás

10 jun 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A entrega dos premios do certame literario de Piñor foi toda unha festa na que a música tradicional tivo un papel moi importante. A casa da cultura Manuel María de Barbadás acolleu unha xornada de exaltación da lingua e a música na que o grupo infantil Cantagalos, as cantareiras Zoadeira, o grupo de cantos de taberna Cuncas do Son e a Banda de Música e Cultura de Galicia recibiron os aplausos do público.

Un total de 120 traballos presentáronse ao premio, que escolleu dous gañadores por categoría: alumnado de primaria, rapaces de entre 13 e 17 anos e adultos.

O gañador absoluto foi Xosé Alfredo Naz Fernández, de Vigo; mentres que Sandra Fernández Prado, de Poio, quedou segunda. Na categoría de 13 a 17 anos o gañador foi Hugo Martínez Bizarro, de Ourense; e Iker Pérez Álvarez, de A Pobra de Trives, quedou no segundo posto. Entre os cativos, o gañador foi Lois González Fernández, de Barbadás; seguido de Álex González González, de San Cibrao das Viñas.

O evento estivo organizado pola asociación Música e Cultura de Galicia en colaboración co Concello de Barbadás.