Ildefonso de la Campa, director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, falou da importancia que teñen as persoas de máis idade en Galicia
02 may 2019 . Actualizado a las 08:16 h.O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, reivindicou o importante papel das persoas de máis idade en Galicia durante a decimosegunda edición da Xuntanza dos maiores do Concello de Monterrei, que se celebrou na explanada do Castelo de Monterrei.
De la Campa destacou que os maiores constitúen un dos piares fundamentais desta comunidade, e por esa razón garantiu o compromiso da Xunta de Galicia por continuar achegando recursos e servizos de proximidade para mellorar a súa calidade de vida.
A data de celebración desta xuntanza foi criticada polo grupo local do BNG de Monterrei, que censurou que tivese lugar en plena precampaña electoral, unha censura que foi descalificada polo grupo de goberno, que recordou que a iniciativa vense celebrando dende hai 11 anos.