Concurso virtual de maios e coplas no Barco

La Voz OURENSE

O BARCO DE VALDEORRAS

Margarida Pizcueta presentou a programación dos maios no Barco
Margarida Pizcueta presentou a programación dos maios no Barco LOLITA VÁZQUEZ

Os participantes deberán subir as súas creacións ás redes co cancelo OsMaiosnoBarco

23 abr 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Do 30 ao 3 de maio • O Barco de Valdeorras • Un ano máis, a pandemia non permitirá festexar os maios no Barco como viña sendo habitual, vendo as creacións florais e gozando as coplas na praza do Concello mentres se pasea pola feira de artesanía. Toca manter as distancias, así que este ano, buscando que non se perda a tradición, o Concello, Aeva e o CCA convocan concursos virtuais de maios e coplas, que se farán a través das redes sociais. Os participantes deberán subir as súas creacións ás redes co cancelo OsMaiosnoBarco. Os maios (artísticos ou enxebres) deberán subirse en foto ou vídeo; mentres que nas coplas cantadas irán en texto e vídeo e as escritas, en texto ou meme.