A recreación da presenza da bandoleira en Flores estará a cargo do grupo Dar Trela
07 sep 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Hoxe • De 12.00 a 23.00 horas (baixada ás 20.00 horas) • Barrio de Flores • O Carballiño • Conta a lenda que a famosa bandoleira galega Pepa Loba adoitaba agocharse no barrio de Flores do Carballiño nas súas incursións por toda Galicia. E foi no mesmo conxunto de casas do núcleo que deu orixe á vila onde no seu día crearon a Feira festa da Pepa Loba. As actividades comezaron onte e rematarán co xantar de confraternidade do domingo. A representación da baixada da bandoleira a Flores, cita destacada do programa, será escenificada esta tarde polo grupo de teatro Dar Trela.
Durante toda a xornadas haberá demostración de oficios ao vivo, obradoiro de cestería, campionato de brisca e proxección de cine, entre outras cousas.