«O máximo responsable non é a área de Cultura é o alcalde de Ourense»

La Voz

OURENSE CIUDAD

12 ago 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

-¿Houbo algunha conversa co Concello despois do anuncio da desaparición?

-Non.

-¿E cos partidos políticos?

-Si, con todos, tamén co PP. Enviámoslle unha comunicación, sobre todo aos grupos da oposición. Non para que fagan presión para que cobremos os 9.000 euros, senón para que fiscalicen onde foi a partida que está aprobada nos orzamentos, que están prorrogados. A partida que era para o Outono Fotográfico.

-O Outono Fotográfico, o festival de cine....

-O que pasa en Ourense non é casual. Nos últimos meses estanse cargando absolutamente todo. Agora ben, despois do cristo mediático que se montou xa cambiou o ‘modus operandi’ e o teatro parece ser que se recupera, aínda que tamén estaba pendente. A Miteu, a MOTI e o Fito estaban exactamente igual que o Outono na semana que nós anunciamos o peche. Parécenos ben que soubesen recuar.

-Ponse a mirada na concelleira de Cultura. E algúns piden a súa dimisión, ¿que opina vostede?

-Dende Ourense en Común fixeron una campaña pedindo a dimisión de Belén Iglesias. Non é a nosa función pero pensamos que é unha estratexia errada. Con quen menos ten o Outono Fotográfico é con Cultura, a contribución maior é a de Xuventude. Pero no fondo o que subxace é unha política cultural totalmente errada. Dimite Belén e ¿que pasa logo? A política non é dela. Eu creo que a máxima responsable non é a área de Cultura, senón o alcalde de Ourense. A nosa opinión é que o xeito de traballar dende a cultura de base e autoorganizada non coincide cos obxectivos do neoliberalismo. Todos os eventos que xeran coñecemento e pensamento crítico van en contra dos seus obxectivos.