Unha alumna do CEIP Amadeo Rodríguez, premiada nun concurso en Ourense

La Voz OURENSE

OURENSE CIUDAD

Armando Ojea entregou os galardóns
Armando Ojea entregou os galardóns CEDIDA

Carmen Rodríguez Vila recibiu o galardón e Sarela García Gil unha mención especial

14 may 2021 . Actualizado a las 14:20 h.

O tenente de alcalde do Concello de Ourense, Armando Ojea, entregou este xoves os premios do certame de microrrelatos organizado con motivo da Semana das Letras. O galardón foi para Carmen Rodríguez Vila, do CEIP Amadeo Rodríguez Barroso, pero tamén houbo unha mención especial a Sarela García Gil, do mesmo centro.