O Concello de Piñor ofrece un obradoiro para familias sobre o uso responsable de novas tecnoloxías

LA VOZ OURENSE

PIÑOR

Concello de Piñor
Concello de Piñor MIGUEL VILLAR

Será o 28 de outubro no Centro Social de Albarona

17 oct 2024 . Actualizado a las 05:20 h.

O Concello de Piñor informa realizará un obradoiro para familias sobre o uso responsable das novas tecnoloxías. Será o 28 de outubro ás 17.30 horas no Centro Social de Albarona. Tratará o emprego de internet, redes sociais, videoxogos e teléfono móbil, tanto as vantaxes como as recomendacións para unha boa relación. «É importante dar ás familias as ferramentas para que ese uso sexa o menos daniño posible», explicaron. 

Porán a disposición das familias durante a actividade un servizo de conciliación para atender a menores de 3 a 12 anos, totalmente gratuito. É preciso inscrición previa no teléfono 988 403 236 u no email educacionfamiliar.pinor@gmail.com. Enmárcase dentro do Programa de Educación Familiar, que o Concello leva ofrecendo dende o ano 2008.