O ciclo «Marxes fílmicas» leva de novo o cine ao Museo Etnolóxico de Ribadavia
RIBADAVIA
As sesións comenzarán o martes co pase de traballos premiados no FIC Bueu
30 jun 2018 . Actualizado a las 05:00 h.O Museo Etnolóxico de Ribadavia e o Cineclube Padre Feijoo crearon no seu día o proxecto «Marxes fílmicas», unha iniciativa que leva o cinema ao patio do museo nos veráns. A vindeira semana comenza unha nova edición, cita que este ano se convoca baixo o lema «Unha ollada ao redor (de nós mesmos)».
As sesións comezarán o 3 de xullo, martes, coa proxección das curtas internacionais premiadas no FIC Bueu. Dous días despois, o 5, pasaranse tamén obras galardoadas neste mesmo certame. Neste caso no apartado de curtas nacionais.
O crime de Santoalla
Entre as cintas seleccionadas para «Marxes fílmicas» está a película que se basea nun caso real: o asasinato de Martín Verfondern, o holandés que se estableceu en Petín hai anos. O documental
Santoalla
proxectarase o día 10 de xullo.
Pecharase o ciclo de sesións de verán co pase da película Posoki (Destinos). A cinta de Stephan Komandarev foi presentada no Festival de Cannes e pasou tamén polo de Xixón. Foi premio ao mellor filme no Festival de Cleveland do 2017.
As proxeccións, de balde, serán ás 21.30 horas no patio do Museo Etnolóxico.