A tradición galega estivo moi presente durante todo o domingo con motivo da terceira edición da Foliada Antelana
26 jul 2021 . Actualizado a las 07:40 h.As notas do himno galego resoaron este domingo no parque Galicia, en Xinzo de Limia, con motivo da celebración do 25 de xullo. A alcaldesa do municipio, Elvira Lama; o concelleiro de Cultura, Ramiro Rodríguez; e o portavoz do PP, Antonio Fernández. estiveron presentes nun acto onde se realizou unha ofrenda floral, acompañada pola música das gaitas.
Ademais, a tradición galega estivo moi presente durante todo o día con motivo da terceira edición da Foliada Antelana, que contou con gran expectación ó longo da fin de semana. Concertos, obradoiros e pasarrúas sucedéronse e os bailes e os cantos de veciños e visitantes amenizaron as horas nun verán no que se está a apostar polas actividades ó aire libre e o ocio seguro.