NA ÚLTIMA | O |

11 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

SEI que será difícil hoxe que esta columna apañe algo de atención, tendo en conta a foto que se publica aquí ó lado. Aí no medio, Judit Mascó é un polo inegable de atención de miradas, un instante de felicidade para os ollos. Parece mentira que desde ese mesmo porto, un pouco máis aló, na dársena pesqueira, saíran barcos a parar o chapapote hai nada. Apenas uns meses. As imaxes bonitas crean sensacións máis reconfortantes que o impacto da negrura que foi o chapapote. No medio da ría, cos vapores do fuel a meterse nos ollos e as palas dos barcos de batea a sacar negrura do mar ninguén pensaba en futuros de ocio e festa como o da regata destes días en Sanxenxo. Cando todo aquelo se calmou e o traballo comenzou a facerse xa só polo miudo, houbo a idea de que quenes o deran todo para parar a marea negra podían ser homenaxeados co premio Príncipe de Asturias á Concordia. Pero acabou gañando J. K. Rowling, a escritora que fixo de Harry Potter un vencello entre nenos de todas as culturas. Por iso levou o galardón. Porque as cousas bonitas crean mellores sensacións, e porque o chapapote non trouxo precisamente concordia. Só xente cun corazón enorme disposta a limpar a cambio de nada.