Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

«Álvaro de las Casas tiña unha dobre personalidade»

María Conde PONTEVEDRA

PONTEVEDRA

RAMÓN LEIRO

Entrevista | Uxío-Breogán Diéguez Cequiel

20 dic 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

?xío Diéguez acaba de presentar en Pontevedra a primeira biografía completa de Álvaro de las Casas, coñecido por ser o fundador das mocidades de Ultreya e membro del Partido Galeguista. Sen embargo, a documentación estudiada para este traballo, que revela unha personalidade máis que contradictoria en De las Casas, sorprendéulle ó propio autor. «Eu partín do feito de que foi fundador das mocidades galeguistas e pensaba que era unha persona digna de ser estudiada, pero cando comecei a tirar do fío vin qué lenxo estaba de persoas tan coherentes como Bóveda o Castelao», indica. -¿Que novos datos aporta esta primeira biografía? -O que realmente descobre esta biografía é precisamente a primeira e a última parte da biografía de De las Casas. Xa que a segunda é algo máis coñecida, aínda sendo unha vida deste señor moi descoñecida. Así, a primeira etapa, desde a súa adolescencia a 1930, aborda os seus estudos en Ourense e logo en Madrid. Alí se doctora e mantén relación coa Casa Real e Alfonso XIII particularmente, e co alcalde de entonces, que era o conde de Vallellanos, tamén unha persona da corte. Esa relación coa aristocracia e coa Casa Real, por exemplo, non se coñecía, de tal maneira que el chega a ser secretario político do conde entre os anos 24 e 25 e ademáis, Alfonso XIII chega a condecoralo coa Cruz de Alfonso XII e noméalo Gentilhombre de Casa y Boca. Era a maneira de aristocratizar a unha persona. Ademáis foi preceptor de dous sobrinos seus, os infantes Fernando y María Teresa de Baviera e Borbón. -¿E que destacaría do epistolario que contén o libro, tamén inédito? -Practicamente o cen por cen do epistolario e a parte documental que se mostra é inédito. Tamén hai que dicir que a biografía incorpora tamén un apéndice gráfico, onde a maior parte das fotos tamén son inéditas. No que se refire ó epistolario, o que cabe salientar é que Álvaro de las Casas era un home que tiña unha dupla linguaxe. A ti poderíache dicir que eu era maravilloso e logo falar conmigo e dicirme o contrario. -Algo así como unha dobre personalidade. -Exactamente. Ademáis no estricto senso. E por outra banda, tamén foi un home moi activo, parece que non descansaba. Aínda que tamén comezou moitos proxectos que logo non despegaron. -E se tiña esta relación coa Casa Real, o feito de que logo fora un dos membros do Partido Galeguista, ¿é o exemplo desa dobre personalidade? -Claro, claro. Podemos dividir a súa vida en tres partes. Na primeira, él é máis monárquico que Alfonso XIII. Despois, a partir do ano 30 e abril do 31 xa ve que vai a haber un cambio e avoga pola República e despois, a partir do 36, se declara máis fascista que ninguén. Que é unha especie de volta o que era nun principio. -Iso lle granxearía enemistades de ambos bandos. -Si, cando Bóveda estaba a piques de ser asasinado, De las Casas estaba dando en Portugal a benvida ás tropas sublevadas. Despois do 36 marcha para Sudamérica e desde logo os galeguistas exiliados sabían desas declaracións. Que non foron unha anécdota, porque ata que morre no 50 está continuamente facendo apoloxía do militarismo e de Franco. Entón en Sudamérica nunca vai ter relación cos galeguistas, que sempre o van a ver como un desertor por todo esto. -¿É unha das razóns polas que di que a súa figura non é moi coñecida? -Penso que si. Entendo que non merecía confianza nin a uns nin a outros. Nen o galeguismo fixo esforzos por recuperar a este señor, porque entendían que era todo menos sinceiro, e pola outra banda, tampoco vían garantías suficientes, xa que por moito que foi máis monárquico que ninguén e fascista na súa última etapa, polo medio tivo esa militancia durante cinco anos no nacionalismo, plantexada ademáis dunha maneira moi radical. Incluso se declarou independentista.