A novena Festa do Mar inaugúrase hoxe ás 13 horas en Combarro. Os achegados poderán degustar os produtos mariños entre o folclore da Escola de Música Tradicional de Poio.
Durante a mañán terá lugar a apertura Mare da Feira de Mostras das Rías Baixas. O evento contará de maneira diaria con diversas actividades como a mostra de artesanía e pintura ou a realización de obradoiros tradicionais no centro histórico de Combarro. Para o público interesado en coñecer a zona se realizarán visitas guiadas ás 12 e ás 19.30 horas dende a praza da Chousa, no punto de información, ambas partidas de carácter gratuito. Para poder realizar a visita é necesario reunir a un grupo mínimo de seis persoas. Dentro do programa da festa, o venres se realizará a 14º concentración de embarcacións tradicionais as 17 horas. Tras o evento se mostrará a exposición dos traballos participantes na elección fotográfica do Clube Mariño e Reiboa. Chegada a noite, será o momento estrela dos concertos. No escenario do Peirao da Canteira actuarán os artistas David Civera, Coti, 6X1 e Astarot.
Comezado o fin de semana se efectuará a quinta regata da pamplina, embarcacións tradicionais e de vela, que máis tarde recollerán os premios do cartel gañador e do socio de honor 2009. Para finalizar o día, actuará o grupo Dakidarria e a medía noite o público disfrutará dos esperados fogos de lucería. A noite seguirá viva e os achegados con ganas de diversión poderán disfrutar da verbena da Orquesta Caribe Show. O día seguinte, será o punto final da Festa do Mar. No día cabe destacar a volta á illa de Tambo nas embarcacións tradicionais cuxa claúsura será ó longo da tarde. O festa non rematará ata a celebración do sexto certame de bandas de música de gaitas tradicionais. O concurso que comezará ás 20 horas, conta coa participación das bandas de gaitas de Barqueiro (Mañón), Barbude (A Estrada), San Xulián (Marín) e da Escola de Música Tradicional de Poio.
Debido a afluencia de público durante a celebración deste evento no concello de Poio, a feira contará cunha zona de aparcamento habilitada en A Seca. A festa contará ademais cun servizo de taxis para o traslado dos visitantes a Combarro con prezos populares para que disfruten das múltiples actividades da zona.