A capela do Nazareno, na rúa Tetuán, en pleno centro histórico, abre as súas portas durante toda a xornada, para facilitar a tradicional petición das tres grazas que moitos devotos fan este día. De 7.30 ata as 0 horas, permanecerá aberta de forma ininterrumpida, habendo ademais dúas misas matinais, en horario de 7.30 e 9.30 horas.
Como sempre, tamén haberá un equipo de voluntarios que regulará o acceso ao pequeno oratorio e logo dos rezos, procederá ao seu desaloxo para permitir a entrada de máis devotos, que este día forman habitualmente longas colas para cumplir o ritual.
Pero os que non queiran esperar a quenda tamén poden solicitar os favores do santo ante a imaxe do Nazareno que se venera na igrexa conventual de San Francisco, que data do século XVIII, ou na que se garda no convento de Santa Clara.