O Poio Pop ofrece hoxe a actuación de máis de doce grupos de variados estilos
PONTEVEDRA
O Festival Poio Pop que se celebra nesta súa segunda edición no Recinto Feiral da Xunqueira, en Pontevedra, ofrece máis de 12 horas de música indie, pop e electrónica dende ás 17 ata as 6 da madrugada, en dous escenarios, un situado no interior e outro no exterior do recinto.
No primeiro actuarán tres pesos pesados do indie nacional, como Lori Meyers, Delorean e La Habitación Roja, xunto a bandas promesas como os lusos X-Wife, e as bandas Zenttric e Supersubmarina. Tamén estarán os composteláns Dirty Socks e os pontevedreses Marvel, Drama e Pulsa Denura, xunto cos pinchadiscos Florent y yo (compoñente de Los Planetas) e Ilustrísimo Señor Fiuza, de la sala Karma.
Na explanada exterior intervirán grupos de música electrónica como In & Out Project, J.Ahmad e os artistas locais Fon Kid, Fran Váquez e Moncho FL.
As entradas custan 25 euros na billeteira e os que acrediten estar nun colectivo da cidade de Pontevedra, sexa deportivo, cultural ou de voluntariado, terán un desconto de 5 euros. Máis información na web www.poiopop.com.
Os organizadores confían en reunir esta tarde noite a uns 3.000 asistentes.