As TIC para a web 3.0

María Rodríguez Malmierca OPINIÓN

PONTEVEDRA

15 feb 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

OCentro de Supercomputación de Galicia-Cesga (www.cesga.es) é un centro público que ofrece servizos avanzados de altas prestacións para a investigación, non só en procesamento de alto rendemento e almacenamento masivo de datos, computación avanzada ou comunicacións de alta banda, senón tamén na área de e-Learning e no ámbito dos Sistemas de Información Xeográfica-GIS.

A área de e-Learning do Cesga (https://www.cesga.es/es/servicios/e-learning-colaborativas)colabora e participa activamente na iniciativa do grupo DE5 na súa busca de solucións de mellora da aprendizaxe mediante a integración das tecnoloxías da información e da comunicación na ensinanza. O proxecto, que utiliza as últimas achegas dos sistemas de xestión da aprendizaxe ?LMS Moodle (www.moodle.org) e das redes sociais-Elgg (www.elgg.org), supón unha iniciativa pioneira na súa aplicación á mellora dos procesos de formación do futuro profesorado de infantil, primaria e secundaria, mediante a aprendizaxe colaborativa entre iguais en plataformas sociais de software libre de código aberto?SLCO, xunto á aplicación de metodoloxías de formación mixta (blended?Learning) con fases presenciais e non presenciais, na contorna universitaria.

Esta iniciativa nútrese, ademais, dos resultados dun proxecto europeo anterior (www.moveit-project.eu), no que o Cesga foi responsable técnico da integración e desenvolvemento de ferramentas de SLCO para mellorar o proceso formativo; polo que para nos é moi interesante a transferencia a Galicia deste know?how. Esta colaboración permite unha análise detallada e a mellora do proceso formativo, mediante a utilización interactiva das TIC da web 3.0, que indubidablemente está a potenciar as habilidades do futuro profesorado na utilización das TIC de cara a súa aplicación nas aulas, beneficia a súa preparación e propiciará o seu desenvolvemento profesional no século XXI.