Un proxecto para dar a coñecer lugares da memoria histórica a través da música
![Alfredo López Penide](https://img.lavdg.com/sc/NKpMGimiaSDk5tloIymUM6TzPsk=/75x75/perfiles/175/1623322863108_thumb.jpg)
PONTEVEDRA
![](https://img.lavdg.com/sc/BUuWBTAw7-qbANdkGLf71OkErs8=/480x/2020/11/28/00121606584781850845841/Foto/PN29C10F2_183136.jpg)
A Deputación de Pontevedra no podía faltar á cita coa Culturgal, de tal modo que «uniu na súa presentación Re-Acciona coa Cultura!, o programa que converte a cultura nunha ferramenta activa; a estrea do proxecto Acorda, a última iniciativa do programa O Pasado do Porvir, que chegou da man da deputada de Memoria Histórica e a coordinadora Uxía Senlle; e a acción artística a prol da igualdade coa performance de María Roja Can, Cancela, Calafrío» no marco de Violencia Zero, precisaron dende esta Administración.
«Este é o momento de reivindicar o poder da cultura e que haxa recursos das Administracións públicas para apoiala, porque é un elemento fundamental da actividade humana (...). Que sociedade tan triste seriamos sen actividade cultural!», sinalou a presidenta Carmela Silva.