O Culturgal acolle en Pontevedra o final da xira de Tanxugueiras

La Voz

PONTEVEDRA

CAPOTILLO

As editorias pontevedresas Kalandraka e Edicións do Cumio impulsan novas accións

28 nov 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Coas entradas esgotadas dende hai xa tempo, non cabe dúbida de que un dos pratos fortes da xornada de hoxe do Culturgal, a derradeira deste ano, é o concerto que ofrecerán Tanxugueiras (18 horas) como final da súa xira Contrapunto. No auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra estarán acompañadas por Xabier Díaz, Sabela, Uxía Senlle, Lilaina ou Edelmiro Fernández.

Nunha xornada na que se presentará a xira Fariña 2022 e proxectos como o de Nós de Intelixencia Artificial, outras das citas importantes veñen da man de dúas editoriais pontevedresas. Así, Edicións do Cumio impulsa no Pabillón Infantil un obradoiro (11.30 horas) con Rena Ortega, autora de Bo Camiño Peregrino!, mentres que no stand de Kalandraka, os ilustradores Óscar Villán (12 horas) e David Pintor (17 horas) asinarán exemplares das súas obras.