Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Que facer este domingo en Pontevedra e a súa contorma?

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

MALASOMBRA

20 nov 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Teatro, tortillas e skate, unha combinación gañadora para este domingo.

Pontevedra

CONCELLO DE PONTEVEDRA

Concurso tortilleiro

Hoxe • 13 horas • Campiño de Santa María • Os Vermús de Pinto e Maragota, impulsados pola Concellería de Igualdade de Pontevedra, regresan aos soportais do Campiño de Santa María coa celebración do seu I Concurso Tortilleiro. Estará amenizado por unha sesión de música petarda a cargo de Palito DJ e entregará como premio á mellor tortilla un menú degustación para dúas persoas no restaurante O Eirado da Leña. O evento conta coa colaboración do bar La Hormiga, que ofrecerá vermús cos desconto ao público asistente.

  

Portas

MALASOMBRA

Teatro

Hoxe • 19 horas • Auditorio da Azucreira • Malasombra pon en escena a obra de teatro Bernarda. Vilalba 1975, Premio María Casares 2020 ao mellor espectáculo, texto orixinal, dirección e actriz secundaria. Esa actividade inclúese dentro do programa Tornar ás Táboas da Deputación de Pontevedra e conta coa colaboración do Concello de Portas.

  

Pontevedra

CAPOTILLO

Festa do Patín

Hoxe • Dende as 9.30 horas • Skatepraza • A Festa do Patín servirá como inauguración da skatepraza de Raíña Vitoria. No caso de mal tempo, a festa terase que adiar para outra data. Vivirase unha xornada completa de actividades pensada tanto para afeccionados ao skate como para as familias que se queiran achegar a ver a práctica deste deporte federado e olímpico. As inscricións faranse no mesmo momento para facilitar a participación de todas as persoas que se acheguen.

  

Pontevedra

Anita Maravillas

Teatro

Hoxe • 12 e 18.30 horas • Teatro Principal • A derradeira sesión do ciclo de Domingos do Principal programou Las Cotton a cargp da compañía vasca Anita Maravillas e Portal 71. Trátase dun espectáculo inspirado nas loitas obreiras das mulleres na industria téxtil de comezos do século XX en plena revolución industrial. Un exemplo de como se poden cambiar as cousas manténdose unidas. Teatro de monicreques recomendado a partir de 5 anos e público adulto foi Premio FETEN 2021 ao mellor espectáculo de títeres. Custe da entrada, catro euros máis gastos.