La Xunta expresa en Pontevedra su preocupación pola eliminación do alivio fiscal aos autónomos que cotizan polo sistema de módulos
PONTEVEDRA
O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Pablo Fernández, trasmitió aos afectados que «a Xunta estará con vós e non os deixará sós»
29 nov 2023 . Actualizado a las 17:35 h.Nun encontro en Pontevedra coa Asociación Intersectorial e Interterritorial de autónomos e pequenas empresas de Galicia, o secretario xeral de Apoio ao Emprego, Pablo Fernández, transmitiulle a este colectivo a preocupación do Goberno galego pola eliminación por parte do Estado do alivio fiscal que viñan tendo os autónomos que cotizan polo sistema de módulos para compensar a inflación. «A Xunta estará con vós e non os deixará sós», remarcou.
Neste punto, aludiu ao feito de que a conselleira de Promoción do Emprego, Elena Rivo, envioulle unha carta á vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, para reclamarlle consenso e coordinación no deseño das políticas activas de emprego na nova etapa. Na misiva sinalase que para o Goberno galego os valores de responsabilidade social e empresarial son prioritarios, destacando que a execución destas iniciativas depende en gran medida das políticas do Ministerio de Traballo. Por elo, apelou nesta nova etapa ao diálogo e a que o Estado conte co consenso das comunidades autónomas para o seu deseño e desenvolvemento.