Juan Carlos Vilar expón Ao faro (To the Lighthouse) no edificio da Xunta de Benito Corbal
31 dic 2023 . Actualizado a las 05:00 h.Ata o vindeiro 5 de xaneiro, pódese visitar na sala de exposicións da Consellería de Cultura en Pontevedra —Edificio da Xunta de Benito Corbal— a mostra do pontevedrés Juan Carlos Vilar, Ao faro (To the Lighthouse). Esta exposición está inspirada na novela homónima da escritora británica Virginia Wolf.
Consta de 31 pinturas ao gouache que, segundo o autor, representan os recordos dos veráns que pasou na costa portuguesa nas proximidades do faro de Barra, no distrito de Aveiro, da mesma maneira que Virginia Wolf nos narra na súa obra os recordos da familia Ramsey, das súas vacacións na illa de Skye, nas Hébridas escocesas.
O autor obtivo diversos galardóns en diferentes certámenes nacionais de artes plásticas, entre eles, o primeiro premio no Certamen de Benalmádena no 2017.