18 may 2024 . Actualizado a las 17:49 h.
O papel de Placeres Castellanos na resistencia francesa contra os nazis protagonizará este xoves, 23 de maio, na Casa da Cultura de Ponte Caldelas unha nova entrega do programa da Deputación Aquí faltan páxinas. A deputada Sandra Bastos abrirá o faladoiro ás 19 horas e Silvia Caldas, neta de Placeres Castellanos, será a encargada de detallar a traxectoria desta muller.