A cultura da percusión brasileira no Ruxe Marín

PONTEVEDRA

CONCELLO DE MARÍN

01 jun 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Este sábado desenvolverase o prato forte do Ruxe Marín, que se celebrará na Finca de Briz e que contará con artistas internacionais relacionados coa percusión brasileira. Impulsado pola Asociación Cultural Axé Bahia Batucada, o Ruxe Marín non só pon en contacto a vila con esta cultura, senón que tamén «permitirá que desfrutemos da esencia brasileira a través da gastronomía, poñendo a disposición do público postos con comida tradicional do país, como feijoada, acarajé, coxinha de galinha e bebidas típicas, como a caipirinha», apuntaron as organizadoras.

As actividades arrancarán no Paseo Alcalde Blanco ás 10 horas con distintos workshops e unha sesión vermú, mentres que dende as 14 horas desprazaranse ate a Finca de Briz. Alí, e despois dunha comida popular, desenvolveranse distintas actuacións e exhibicións, dende batucada ata capoeira, así como concertos.

Ademais, instalarase una pantalla xigante na que se proxectará a final da Champions League entre o Borussia Dortmund e o Real Madrid.