O fotoxornalismo acapara o foco na Deputación de Pontevedra

PONTEVEDRA

02 jun 2024 . Actualizado a las 16:50 h.

Dende este luns e ata o vinderio 28 de xuño, o Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra acolle a exposición A Galicia inédita. Unha ollada diferente do fotoxornalismo galego. A mostra, promovida pola Asociación de Periodistas de Galicia (APG) e o Colectivo de Fotoxornalistas de Galicia, recolle obras, inéditas ou xa publicadas, de 73 profesionais que desenvolven o seu traballo en Galicia e ten como obxectivo dar a coñecer a obra do fotoxornalismo ao público xeral, así como divulgar o seu protagonismo na comunicación do acontecer cotiá de Galicia.

Todas as imaxes están acompañadas por lendas de corte literario elaboradas por xornalistas que desenvolven a súa labor na comunidade autónoma. Segundo engadiron dende a Deputación, a mostra supón un espazo de encontro para a creatividade dos fotógrafos que veñen realizando o seu labor nos diferentes medios de comunicación, acompañados coas oportunas explicacións elaboradas por xornalistas.