O Tabula Rasa celebra en Pontevedra os seus dez anos cun entroido de verán

PONTEVEDRA

Este sábado, e como conmemoración do seus décimo aniversario, o Tabula Rasa celebrou un entroido de verán mariñeiro. Deste xeito, sereas, capitáns de barcos, navegantes e unha moi diversa fauna mariña déronse cita nesta taberna ubicada na rúa Marquesa.

Ademais de desenvolver un bingo, premiouse aos mellores disfraces en categoría individual —un brunch para dúas persoas—, parellas —unha cea— e grupo —unha caixa con media ducia de viños seleccionados—. Os nomes dos afortunados coñecerase a partires do mércores, 24 de xullo, a través do Instagram do Tabula Rasa.