![](https://img.lavdg.com/sc/SFa5PfZhyKQLxzS0pXeo4odOGeU=/480x/2024/10/25/00121729884002537721983/Foto/P_20241025_200908000.jpg)
Ata o domingo desenvolverase en distintos espazos da cidade o Festival Poético Veñan as Cinco
26 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Esta última fin de semana de outubro, a cidade do Lérez será escenario do Festival Poético Veñan as Cinco, que desenvolven o Ateneo e o Concello de Pontevedra co obxectivo de levar a poesía e a música por diversos espazos da capital. É o caso do Museo de Pontevedra, ou o Teatro Principal, pero tamén dos locais O Diaño e A Verbena ou o recén inaugurado Espazo Mauro Lomba.
![](https://img.lavdg.com/sc/xn0so5Z2xLOaNklymXQJln1ULco=/480x/2024/10/25/00121729884002215906560/Foto/P_20241025_200917000.jpg)
Neste sentido, o concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez, destacou que Veñan as cinco «fai referencia ás cinco máis faladas linguas da península ibérica. Queremos agradecer o esforzo e tesón para que este festival poida ser posible. Houbo ao longo dos meses de preparación unha serie de eivas, problemas e dificultades e se non é polo esforzo e ganas que lle puxeron, non estaríamos hoxe aquí. Desde aquí o noso agradecemento en nome de todas as amantes da poesía de Pontevedra porque imos ter a oportunidade de gozar da poesía, de afondar na reflexión ou simplemente no goce estético desta arte que as veces, ou normalmente, distrutamos en soidade, na casa... e imos transformar iso no feito de xuntármonos cas persoas que non teñen ese gusto habitual e terán a oportunidade de descubrila e descubrir un panorama moi amplo da poesía que se está facendo na península ibérica nas diferentes linguas».
![](https://img.lavdg.com/sc/jgKXE8o9Q-Gc9jEhFkIV-7Ody1I=/480x/2024/10/25/00121729884001922506311/Foto/P_20241025_200926000.jpg)
Deste xeito, tras a xornada de inaugural deste venres, a programación do sábado arrancará no Museo con dúas clases mestras sobre o proceso creativo impartidas polo poeta Zheto Cunha Gonçalves, entre as 11 e as 12 horas, mentres que das 12 ás 13 horas tomará o relevo María Sánchez. Ao seu termino, a praza da entrada do Edificio Castelao acollerá un concerto do músico Fran Fernández que, en caso de mal tempo, se trasladará ao interior.
![](https://img.lavdg.com/sc/nfwDVKyYL65XgA9yfw-BDXsVT0Y=/480x/2024/10/25/00121729884001554442653/Foto/P_20241025_200935000.jpg)
Xa pola tarde, ás 20.30 horas, no Teatro Principal de Pontevedra terá lugar unha performance poética coas voces de Nuria Vilán, María Sánchez, Mari Luz Esteban, Zheto Cunha Gonçalves e Mireia Calafell.