Ata o domingo desenvólvese o Mercado de Samaín na Praza de Abastos capitalina
01 nov 2024 . Actualizado a las 17:28 h.A programación do Samaín nalgúns concellos da contorna de Pontevedra no remata co 31 de outubro. Así, no caso da capital, tras a Procesión das Ánimas da Noite dos Calacús deste xoves, a cidade do Lérez retomará a súa programación co Mercado do Samaín, que se desenvolve ata este domingo.
Ao longo destas xornadas nas que se desenvolverá esta iniciativa na primeira planta da Praza de Abastos en horario ininterrompido ata as 21 horas, poderase gozar de postos de alimentación, artesanía ou xogos artesáns, así como dun photocall, contacontos e obradoiros infantís. Ademais, habilitarase un recanto de xogos educativos.
Pola súa banda, en Campelo, impulsado pola Asociación de Mulleres Arela, en colaboración co Concello de Poio, levarase a cabo a iniciativa Truco ou trato, un pataquiño pos defuntos polas casas da contorna. En Moraña, pola climatoloxía, teñen aprazada a súa Andaina do Terror ao vindeiro 16 de novembro.