10 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.
Cunha dobre función, ás 12 e ás 18.30 horas, desenvolvese unha nova sesión dos Domingos do Principal. Nesta ocasión, o Teatro Principal de Pontevedra acollerá a posta en escena de Full house, que correrá a cargo do colectivo de artistas catalán Eléctrico 28. Trátase dun espectáculo sen texto de teatro físico e música en vivo dirixido a maiores de 4 anos.