«Camiño conxunto» da Deputación de Pontevedra e a Academia Galega do Audiovisual

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

Ramón Leiro

O Pazo Provincial acolleu este martes a entrega dos Premios María Luz Morales 

13 nov 2024 . Actualizado a las 12:14 h.

No marco da entrega este martes dos Premios María Luz Morales en su oitava edición, o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, reiterou o seu compromiso coa cultura e a lingua galega. Así, remarcou que son «uns premios que poñen en valor o talento dos amantes do audiovisual, recoñecen a calidade do audiovisual galego e poñen en valor a figura dunha muller pioneira e referencia no feminismo, a cultura e o audiovisual».

Ramón Leiro

Ramón Leiro

Na gala entregáronse catro galardóns aos investigadores que presentaron os seus ensaios sobre o audiovisual a este certame que promove a Academia Galega do Audiovisual. Así, o premio ao mellor ensaio escrito sobre o audiovisual galego recaeu no vigués Breogán Xague, autor de Desvelar o dispositivo: o río, a terra, a fábrica. Un achegamento ao potencial político da obra audiovisual de Carme Nogueira, mentres que o de mellor ensaio escrito sobre audiovisual internacional foi para o santiagués Manuel Barreiro con Resurrección dixital e deepfakes. Os desafíos da intelixencia artificial nun audiovisual hiperreal. O mellor videoensaio sobre audiovisual galego recaeu no silledense Juan Ares co traballo Galicia, paisaxe de sangue e o de internacional foi para A gran imaxe non ten forma ? Apuntamentos sobre a creación de símbolos identitarios, do vigués Víctor Soho.

Ramón Leiro

Ramón Leiro

«Na Deputación sumámonos con forza a ese camiño que está percorrendo a Academia e facémolo da súa man. Hoxe coa entrega destes premios, o vindeiro 15 de marzo coa 23 edición dos premios Mestre Mateo, que se celebrarán en Lalín e por primeira vez na historia nun ámbito rural», engadiu o Luis López.