Diego Ameixeiras acada o Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego

Alfredo López Penide
López Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

Ramón Leiro

O escritor e xornalista foi recoñecido por un artigo,  A metade do inverno vai fóra, publicado en La Voz en febreiro do 2023

17 dic 2024 . Actualizado a las 16:08 h.

Finalmente, a vinte e unha edición do Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego recaeu en Diego Ameixeiras Novelle por un artigo, A metade do inverno vai fóra, publicado en La Voz de Galicia o 10 de febreiro do 2023. Durante a entrega do galardón, estuvo acompañado polos outros dous finalistas, Antía Yáñez e Xavier Lama, nun acto celebrado na sede de Afundación de Pontevedra.

Ramón Leiro

Na súa intervención, Ameixeiras destacou «a complicidade e a paciencia de todas as persoas coas que traballo en La Voz de Galicia», ao tempo que puxo en valor aos dous xornalistas que «me acompañaron na candidatura de finalistas, Antía Yáñez e Xavier Lama, con que comparto o respecto pola memoria, un elemento fundamental para todas as persoas que nos dedicamos á escrita».

Ramón Leiro

Previamente, o director xerente de Afundación, Pedro Otero Espinar, abriu o acto incidindo no feito de que, «con cada edición deste galardón que convocamos, contribuímos a dinamizar o panorama cultural de Galicia, e iso, para nós, significa materializar un dos nosos compromisos estratéxicos, un desafío especialmente esixente dada a conxuntura de recoñecemento que estamos a vivir na última década, na que a produción narrativa, poética, ensaística, dramática, investigadora e xornalística de Galicia está recibindo os máis distinguidos galardóns no conxunto de España». Na súa intervención trasladou os seus «parabéns por esta distinción ás tres persoas finalistas, porque a concorrencia tan constante a este certame reflicte o interese por unha prensa de calidade e en galego, que, da man dos novos e experimentados valores das nosas letras, procura satisfacer as demandas esixentes da sociedade».

Ramón Leiro

Foi Carlos Valle, presidente dun xurado composto por Víctor Freixanes, Fina Casalderrey, Mar Mato, Gloria Rodríguez López e Xosé Carlos Caneiro, quen anunciou ao gañador, mentras que o presidente do mesmo, Víctor Freixanes, no deixou pasar a ocasión de resaltar o compromiso de Afundación coa cultura subliñando o «talento, que, no caso das tres persoas finalistas, foi poñer en palabras as emocións e sentimentos profundos que a memoria nos traslada. Os vosos traballos son moi intensos e dunha exquisita calidade na escrita, tanto nas voces máis veteranas de Xavier Lama e Diego Ameixeiras, como na máis nova de Antía Yáñez. É un privilexio que Afundación dinamice un premio tan necesario coma este».