Homenaxe polos 25 anos dun clásico literario infantil: «Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis»
PONTEVEDRA
04 ene 2025 . Actualizado a las 10:42 h.
Este vindeiro venres, 3 de xaneiro, a editorial pontevedresa Kalandraka celebrara o vinte e cinco aniversario de Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis. A cita é na Galería Tangram, a partires das 18 horas.
Dende a editorial destacaron que, «convertido nun dos títulos máis sobranceiros do catálogo dos Libros para soñar de Kalandraka», os autores desta obra, os pontevedreses Chema Heras e Kiko da Silva, participarán nun encontro con nenas e nenos, e as súas familias. Na celebración compartirán a narración do conto e a ilustración dunha pasaxe da obra, e os asistentes poderán escribir a súa carta coa lista de desexos para depositala nunha caixa do correo.