Marín bota unha ollada á guerrilla nos montes de Casaio

Alfredo López Penide
L. Penide MARÍN / LA VOZ

PONTEVEDRA

25 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Museo Manuel Torres acolle, ás 12 horas deste sábado, a presentación de Ciudad de la selva, historia e arqueoloxía da guerrilla nos montes de Casaio, que organiza a Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín. Neste evento contarase coa participación do coordinador da obra, Carlos Tejerizo García, así como co arqueólogo marinense e un dos investigadores do proxecto, Francisco Alonso Toucido, e con Paco Macías, de Edicións Positivas.

A publicación deste libro enmárcase no proxecto integral Sputnik Labrego, que «ten como obxectivo principal a investigación e análise das formas de resiliencia e de adaptación das sociedades labregas galegas perante procesos históricos de grandes transformacións, poñendo de relevo o papel da materialidade na construción da identidade labrega».