
Se este venres foi a Biblioteca Municipal de Marín a que conmemorou o Día de Rosalía de Castro, este domingo será o BNG desta localidade pontevedresa o que desenvolva unha serie de actos para celebrar o aniversario do seu nacemento. Deste xeito, a Alameda Rosalía de Castro acollerá a partir das 18.30 horas unha serie de actividades culturais para lembrar e por en valor a figura da escritora.
A programación iniciarase cunha ofrenda floral en memoria da autora de Follas novas, seguida da lectura dalgúns dos seus poemas máis representativos, actos amenizados polas pandeireteiras de A Veiguiña. Ademais, a partires das 19.15 horas poderase degustar o tradicional «Caldo de Gloria» na Praza da Veiguiña (sede do BNG).