
Nesta segunda fin de semana do Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, o eclipse terá a súa dose de protagonismo. Así, contarase con material e instrucións para unha observación segura deste fenómeno.
En canto á programación, e con funcións ás 12, 17 e 18.30 horas, a cativada de 0 a 3 anos poderá gozar coa estrea de Pitiminí, de Iria Pinheiro e Davide González. Ademais, en primicia, ás 19 horas, o espectáculo exclusivo creado pola Orquestra Sinfónica de Pontevedra, Silence, Musique, Action!, que combina música francesa, cine e humor para dar a coñecer os xenios do cinema mudo. Previamente, ás 18 horas, As Tareixas porán en escena o seu espectáculo A cadeira da avoa, mentres que haberá contacontos de Pavís Pavós (11.30 h.) ou Caxoto (12.30 h.) e obradoiros de cociña francesa, ilustración...