Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Báltasar Garzón participa en Pontevedra nunha palestra sobre a xustiza

PONTEVEDRA

MIGUEL VILLAR

30 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

«Non hai democracia sen xustiza democrática. O que semella unha redundancia

non o é». Este o punto de partida da palestra A Xustiza, é xusta? que, organizada polo Ateneo de Pontevedra, en colaboración coa Fundación Internacional Baltasar Garzón (FIBGAR), se desenvolverá este luns, ás 19 horas, no salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra.

Con entrada libre ata completar capacidade deste espazo, a palestra estará presentada por Carmen Durán, a palestra contará coas intervencións do xurista Baltasar Garzón, Sonia Rodríguez, profesora de Filosofía do Dereito da USC, e de Xulio Ferreiro, decano da Facultade de Dereito da UDC.