Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Un obradoiro no Museo de Pontevedra explorará o universo de Díaz Pardo

PONTEVEDRA

REBECA TIZÓN

06 abr 2025 . Actualizado a las 10:30 h.

No marco da conmemoración do Día das Artes Galegas, dedicado este ano a Isaac Díaz Pardo, o Museo de Pontevedra desenvolverá este domingo, de 11.30 a 13 horas, un obradoiro para nenos a partir de 6 anos impartido por Taller Abierto. O Día das Artes Galegas homenaxea unha figura destacada das nosas artes, destacaron dende o Museo Provincial.

Baixo o título de Creatividade e Tradición: Isaac Díaz Pardo e a súa Obra Plástica, o Edificio Castelao acollerá esta actividade creativa na que os «participantes farán un percorrido pola traxectoria artística de Díaz Pardo e explorarán o seu universo plástico para recoñecer os trazos principais do seu estilo».