Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Apertura da oficina de información turística de Combarro

PONTEVEDRA

CONCELLO DE POIO

10 abr 2025 . Actualizado a las 19:16 h.

A oficina de turismo de Combarro está xa a pleno rendemento cun horario de 9.30 a 21 horas, de martes a sábado, e domingos só en horario de mañá, de 11 a 13.30 horas, mentres que os festivos manterá a atención ao público durante todo o día. Domingos pola tarde e luns permanecerá pechada. Esta servizo é posible grazas á incorporación de dous informadores turísticos ao abeiro dunha subvención de máis de 22.000 euros do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra.

CONCELLO DE POIO

Neste sentido, a concelleira de Turismo, Rocío Cochón, agradeceulles por adiantado «a extraordinaria acollida e atención que van ofrecer a todo o que visite un dos principais puntos turísticos do Norte de España».

De igual xeito, a edil trasladou o optimismo prudente do sector de cara á Semana Santa coa esperanza de que as condicións climatolóxicas non sexan un condicionante como en 2024. Destacou que Poio encara este período vacacional con preto de 4.000 prazas de aloxamento dispoñibles, resaltando que «hoxe por hoxe xa superamos o 50% de reservas previstas para esas datas».