
A festa lévase a cabo na Praza Massó
05 abr 2025 . Actualizado a las 18:00 h.Esta fin de semana, o Encontro-Degustación do Millo Corvo celebra o seu vinte e cinco aniversario co traslado de ubicación dende Meiro á Praza Massó de Bueu. Organizada pola Asociación Cultural de Meiro e o Concello de Bueu, ás 11.30 horas, abrirá a Ecotaberna, na que se poderán degustar pratos elaborados con millo corvo durante todo o día.
As actividades, pola súa banda, arrancarán ás 12.30 horas coa sesión sonora Somos un pobo de artistas a cargo do músico e escritor Xurxo Souto. Pola tarde, sucederanse a charla e degustación O arte do deshidratado de alimentos, o obradoiro musical de Theremín & Electrónica, a conferencia O Millo: gastronomía, historia e ciencia dun gran ou a actuación musical de Mediarea.