16 dic 2023 . Actualizado a las 00:23 h.
O ciclo de teatro da Deputación de Pontevedra Tornar ás táboas chega este sábado ao Multiusos da Lama (19 horas) coa obra Ladrón de risas, que interpreta a compañía Expresións Producións, pero tamén ao auditorio municipal Sobrino Buhígas de Campo Lameiro (20 h.), onde Ibuprofeno Teatro representará O mel non caduca. Entrada libre ata completar aforos.