Instan ao Concello de Marín a que se comprometa co estudo da obra de Meijón Area

Alfredo López Penide
López Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

MARÍN

Monte Pituco (Pornedo)

De igual xeito, solicitan que «se valore a protección das edificacións ou soportes onde a obra de José Meijón adquira unha especial relevancia»

23 nov 2024 . Actualizado a las 18:15 h.

Despois da celebración das oitavas Xornadas de protección e posta en valor do patrimonio de San Xián dedicadas ao canteiro José Meijón Area, o colectivo Monte Pituco (Pornedo) vén de solicitarlle ao Concello de Marín que se comprometa co estudo da vida e da obra deste singular veciño, que se realice un inventario impreso ou dixital da súa obra para que estea a disposición da veciñanza e sirva para seguir ampliando o coñecemento e a difusión do seu legado».

Monte Pituco (Pornedo)

De igual xeito, instan a que «se valore a protección das edificacións ou soportes onde a obra de José Meijón adquira unha especial relevancia polo significado ou a simboloxía dos elementos representados, garantindo a súa conservación».