O outono na comarca de Pontevedra significa «castañas, viño e lume», tal e como recordaron dende o Concello de Caldas, que este sábado (19.30 h.) celebrará na Praza do Camiño un magosto interxeneracional cunha foliada que plantará cara ás previsións de chuvia cunha carpa. O programa desta xornada incluirá as actuación do grupo de pandeireteiras As Burgas, dos gaiteiros de As espiñas e do dúo Caamaño e Ameixeras, que, formado por Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz), presentarán «case en primicia» en Caldas o seu novo disco Quitar o aire. A velada rematará cunha sesión de Moe DJ.
Pola súa banda, no caso do Concello de Poio, se o 31 de outubro celebrouse o magosto na praza da Granxa de Campelo e onte no parque Xiráldez de Lourido, este sábado tócalle ao Centro Cultural Xaime Illa de Raxó a partires das 19 horas.